domingo, 29 de novembro de 2020

O Niño da Curuxa comeza a voar

 Esta semana que deixamos atrás tivemos a primeira xuntanza cos dous grupos do club de lectura “O niño da curuxa”. Ao longo desas sesións analizamos as dúas obras de banda deseñada que descubrimos neste primeiro trimestre.

Co primeiro grupo analizamos a obra de Paco Roca Engurras, un cómic onde temas  como o mundo da vellez ou a vida nas residencias de anciáns foron dando pé a outros máis profundos como o concepto de soidade dalgunhas persoas, o paso do tempo, a liberdade ou a evidencia na obra da evolución da enfermidade do protagonista.

Co seguinte grupo a análise centrouse na obra de Miguelanxo Prado A mansión dos Pampín, cómic co que a rapazada afondou na reflexión de aspectos como a vida no rural, a economía de mercado ou a nefasta política de conservación de bens históricos que foron saíndo á luz mentres comentabamos as viñetas que o autor, a través do seu humor e retranca, elaborou nesta popular obra.

Ámbalas dúas bandas deseñadas foron do gusto da rapazada, coa que xa quedamos en vernos na vindeira sesión para comentar O grupo e Amor amargo.




luns, 10 de febreiro de 2020

COMIDA DO CLUB DE LECTURA CURUXAINA

Este xoves 30 de xaneiro o noso club reuníuse na cafetería do centro para falar do libro que estamos a ler e pasar uns momentos divertidos... Lembrámonos moito d@s compañeir@s que por saúde ou por exames non puideron estar connosco...



Dámoslle tamén as grazas  a Pili polo ben que nos coida sempre na cafetería...

ATA A PRÓXIMA!!

venres, 31 de xaneiro de 2020


O club de lectura Curuxaina do

IES Castro Alobre vólvese reunir os seguintes xoves:
                                    16 de xaneiro

30 de xaneiro
13 de febreiro
27 de febreiro
5 de marzo

Nestes intres estamos Traballando co libro
A balada dos unicornios
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS QUE FAI O NOSO ALUMNADO DE CLUB...
ANIMÁDEVOS A LER E DESPOIS CONTÁDENOS QUE VOS PARECERON...

- CARTAS DE INVERNO
- EL VALLE DE LOS LOBOS
- TODOS OS LIBROS DE HARRY POTTER
- FRANKENSTEIN
- MITOS GRIEGOS
- SINERGIA
- SOMBRAS DE MAGIA
- MAUS



luns, 27 de xaneiro de 2020

Este XOVES 30 de xaneiro celebramos unha xuntanza na cafetería do centro ao rematar as clases.
Resultado de imaxes para invisible libro
Falaremos do libro xa leido "Invisible" de Eloy Moreno, para o alumnado que se incorporou ao club recientemente, e do novo libro que estamos a ler: "A balada dos unicornios" de Ledicia Costas

Resultado de imaxes para a balada dos unicornios
PRESENTAMOS AO ALUMNADO QUE FORMA O CLUB DE LECTURA CURUXAINA DO IES CASTRO ALOBRE ESTE CURSO 2019-2020

Adriana Cerviño (4ºB)
Gemma Martínez (3ºB)
Sara Conde (3ºB)
Xerome Vence (3ºD)
Lorena Fernández (3ºD)
Roberto Pedreira (2ºD)
Lía Díaz (1ºC)
Antía Rodríguez (1ºC)
Sara Fernández (1ºC)
Ariadna Cuevas (1ºC)
Nouhaila Hallioui (4ºA)
Isabel Rodríguez (4ºB)
Alejandro Gómez (4ºD)
Carlota Magán (1ºA)
Sarah Nicole Garrido (1ºC)
Carla Fajardo (1ºC)
Paula Aragunde Parajó (1ºESO A)

A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS O ALUMNADO QUE FORMA PARTE DE CLUB O LABIRINTO FORMADO POR ALUMNADO DE PMAR (XUNTO CON ALUMN@S DO COLEXIO DE EDUCACION ESPECIAL E O CENTRO CON ELES)

1 Alonso Arias, Adriana
2 Caldeiro Maneiro, Manuel
3 Ceballos Sol, María Alejandra
4 Dahmani , Ahlam
5 García Mosquera, María Desiree
6 Somoza López, Yaiza
7 Suárez Torres, María

A coordinadora este curso académico é Lourdes Acuña do departamento de Bioloxía e Xeoloxía