xoves, 26 de xaneiro de 2023

Nova xuntanza

A última reunión do Club de lectura foi intensa xa que tiñamos moitos libros dos que falar.

Por unha banda, comentamos os libros de medo e misterio: La maldición de Banshee acadou moi boas críticas, xunto con Los mejores relatos de terror llevados al cine e La profecía del abad negro.

Pola outra, falamos dos libros que levamos nas vacacións de Nadal escollidos na biblioteca polos integrantes do club. Todos resultaron moi axeitados.

Por último, tocou repartir a próxima lectura: Ons de Carlos Meixide. temos moitas ganas de adentrarnos nesta historia que se desenvolve tan cerca da nosa vila e nun lugar dos máis fermosos de Galicia.

Vémonos nun mes e xa vos contamos que nos pareceu!



luns, 23 de xaneiro de 2023

Pura pasión

 Xuntanza apaixoada foi a do Club de lectura A curuxa sabia. Falamos de Pura pasión de Annie Ernaux. As opinións foron variadas aínda que, en xeral, gustou. Esa pasión obsesiva da protagonista non deixou indiferente a ningún membro do Club. Desmenuzamos os encontros e as esperas, pero tamén como se reflicten esas vivencias na escrita. A pasión amorosa e a pasión literaria, que mellor tema para unha xuntanza?

O próximo encontro será para falar de O último día de Terranova de Manuel Rivas. Teremos un debate tan intenso?