Xuntanza
apaixoada foi a do Club de lectura A curuxa sabia. Falamos de
Pura pasión de Annie Ernaux. As opinións foron variadas aínda que, en xeral, gustou. Esa pasión obsesiva da protagonista non deixou indiferente a ningún membro do Club. Desmenuzamos os encontros e as esperas, pero tamén como se reflicten esas vivencias na escrita. A pasión amorosa e a pasión literaria, que mellor tema para unha xuntanza?
O próximo encontro será para falar de O último día de Terranova de Manuel Rivas. Teremos un debate tan intenso?
Ningún comentario:
Publicar un comentario