domingo, 21 de abril de 2024

Seguimos lendo

 Novas xuntanzas para comentar e para propoñer as novas lecturas. O club de 3º, 4º e bac. vai ler Mentira de Care Santos.

Por outra banda, Lectura con-ciencia reuniuse para falar de rebelión en la granja e para propoñer a lectura de Micro algas de Xulia Pisón.


mércores, 20 de marzo de 2024

Hoxe falamos de cómics

  Interesante encontro con Xaime Lislibreiro e experto en cómics. Esta foi a maneira de celebrar desde a biblioteca o Día do Cómic e do Tebeo.

Comezou Xaime coas diferentes palabras que se utilizan para falar de cómics: banda deseñada, novela gráfica, manga, quadrinhos, tebeo, historieta, fumetto... Todas elas designan o mesmo, debuxos acompañados de texto.

A continuación, fixo un percorrido polos precedentes do cómic como as pinturas rupestres ou a columna de Traxano que xa contaban historias. Falounos da importancia do descubrimento da imprenta en 1453, das primeiras litografías en 1798 e dos primeiros cómics en 1830. Todo un luxo escoitalo e ver a selección de imaxes que, ao mesmo tempo, comentaba.

Finalmente, falou do cómic europeo, dos fanzines (feitos por persoas afeccionadas que non teñen outros medios de publicar), das historietas de tema social ou de creadores de cómic como Osamu Tezuka, Moebius, Joe Sacco, Enma Ríos ou Miguelanxo Prado.

Por suposto, o cómic en galego tamén ocupou parte da súa intervención, así como o aumento de autoras femininas.

Destacamos a súa reivindicación para que os autores e autoras de banda deseñada sexan máis valorados, porque son grandes artistas.

Agradecemos a Xaime que estivese con nós  e compartise os seus coñecementos coa rapazada do Club de lectura. Pronto teremos na biblioteca as súas recomendacións.

martes, 19 de marzo de 2024

Momentos compartidos

 Nova xuntanza do club E ti que contas? Esta vez tocounos ir ao cole a ler sobre Rafa Nadal, xa que este curso están a traballar as Olimpiadas e nós sumámonos ao proxecto. Coma sempre, pasamos un momento moi agradable. Falamos de tenis, viaxamos con Rafa a EEUU, París, Londres, Roma, Australia..., Claudia e Alberto explicáronnos o mural que fixeran na clase e as nosas alumnas mostráronlles unha selección de 10 tenistas (cinco mulleres e cinco homes) con algúns datos que quixeron destacar.

Rematamos a sesión cun xogo no que tiñamos que agrupar pictogramas segundo o deporte que representaban. Agora no cole van facer un mural cos debuxos de Lidia, Alisha, Emily, Sara, Cristina, Emanuella e Nuria.

luns, 18 de marzo de 2024

Velloucas & Minchas

O alumnado do club tivo a oportunidade de falar con Lorena Conde, a autora de Velloucas & Minchas. Un encontro realmente interesante.

La biblioteca de las lectoras valientes

 Xuntanza interesante do Club do profesorado para falar de La biblioteca de las lectoras valientes de Kate Thompson. Sorprendeunos a historia real na que se basea o libro por descoñecida, pero non nos atrpou a lectura do libro. Pensamos que podía dar máis de si. A voz narradora non nos gustou, atopamos algunhas incoherencias e algunhas esceas eran realmente incribles. Un libro entretido sen máis. De todos modos, alegrounos saber que, en tempos de guerra, existía unha biblioteca subterránea que trataba de entreter cos seus préstamos de libros a moitas persoas nuns momentos terribles.

martes, 20 de febreiro de 2024

Ninguén contará a verdade

Ninguén contará a verdade de Pedro Feijoo mergullounos nun mundo de corrupción que nos deu moito que falar e  nos convidou a reflexionar sobre o mundo no que vivimos. Lectura entretida que gustou, aínda que o epílogo nos pareceu totalmente prescindible e non encaixamos ben, segundo iamos vendo a evolución deste personaxe, o comportamento final de Gael (sen desvelar nada máis para quen vaia ler esta novela).

Como os demáis libros de Feijoo, recomendamos a súa lectura.


E xa nos estamos preparando para a seguinte xuntanza; é esta vai dunha biblioteca moi especial La biblioteca de las lectoras valientes de Kate Thompson.

Un grato descubrimiento

 El club de lectura con-ciencia clausura el mes de enero con la lectura y visionado de Los juegos del hambre, y lo hace con la misma emoción de un grato descubrimiento.

Como ocurre en este fascinante relato distópico que es Los juegos del hambre, nada es lo que parece, y nuestros tributos, nuestros jovencísimos lectores, han hecho una vez más una lectura atenta y profunda de la obra de Suzanne Collins. Más allá de las aventuras de Katniss y Peeta han sabido ver el poder salvador de la música representada en los singulares sinsajos o cómo la versión cinematográfica adopta los símbolos de los gobiernos totalitarios, también la manipulación que estos hacen de los medios de comunicación o cómo la falta de libertad, represión y hambruna hacen que los protagonistas se cuestionen hasta su propia identidad.

Lo cierto es que en esta arena en la que todos somos ganadores, nuestro distrito, el Castro Alobre, siempre resultará victorioso mientras nuestros jóvenes tributos participen con entusiasmo y emoción ante una nueva lectura.

¡Acérquense a la cornucopia, una Rebelión en la granja les espera!

venres, 26 de xaneiro de 2024

E ti que contas de Pelé?

 Pelé foi o deportista convidado á xuntanza do Club. Falamos de esforzo, de soños cumpridos e por cumprir, de premios, de fútbol. Lemos como se convertiu na estrela que foi e comparamos a súa historia coa de Muhammad Ali, a anterior lectura.

Despois, propuxemos un obradoiro de máscaras, porque se achega o Entroido e non nos volveremos ver ata despois das vacacións cunha nova historia, a de Nadal.

Por certo, tamén nos despedimos de Martín que deixa o cole para ir ao centro con Eles. Seguro que estará moi a gusto nesta nova etapa, aínda que o botaremos de menos. Boa sorte, Martín!

Os libros-tesouro

 Hoxe, na reunión do Club de lectura, non perdemos nin un minuto. Falamos dos libros-tesouro que temos na biblio e que tivemos a sorte de levar para disfrutar nas vacacións de Nadal. Tamén comentamos a novela El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon. Gustou moito esta lectura, tanto que varias nais "roubáronlle" o libro ás súas fillas e fillos e tamén leron esta marabillosa historia, cun narrador que non deixa indiferente a ninguén. 

Rematamos a xuntanza vendo un vídeo que a autora Lorena Conde grabou especialmente para nós. Presentounos Velloucas & Minchas, a novela coa que gañou o premio María Victoria Moreno de novela xuvenil e que imos ler en febreiro. Xa estamos desexando comezar esta nova historia e compartir con ela unha charla sobre o libro na próxima reunión.

mércores, 10 de xaneiro de 2024

Chega o Nadal




Chegou o Nadal e con el a última xuntanza do Club. Houbo merendola e, o máis importante, unha sorpresa!!! Preparamos libros para que o alumnado os levase de vacacións. Na primeira xuntanza do ano saberemos se lle gustou a lectura. A ver que nos contan!