xoves, 28 de abril de 2022

Hoyos, unha boa lectura

Hoxe o club de lectura xuntouse para falar de Hoyos de Louis Sachar. Exitazo total!!! Hai curuxain@s aos que lles faltaban poucas páxinas e quixeron quedar con el para rematalo.

A vida no campamento do lago verde envolveunos ata o último momento Falamos    da historia a partir de nomes e fotografías que nos evocaban a trama da novela.  Ademais vimos o tráiler da película   feita a partir do libro....   que gañas de vela!!

E como broche final levamos para a casa a autorización para unha saída  o próximo 12 de maioIremos a Santiago e  visitaremos  a Biblioteca da Cidade da Cultura, veremos tamén unha exposición sobre o Surrealismo e relaxarémonos no Monte Viso facendo o roteiro da senda mitolóxica.

Ah!!! E non debemos esquecernos de meter  xunto  co bocata, un  relato, conto, fragmento, poema....  unha lectura  que nos tivese enganchado durante a nosa vida  lectora!!!