xoves, 20 de abril de 2017

Xa non estou aquí de Iria Misa, próxima lectura do grupo A curuxa noiteira.


Esta obra será a próxima lectura do alumnado de 4ºESO e 1º e 2º de Bach do noso club de lectura.
Teremos a xuntanza para comentala en xuño, despois dos exames finais. Sería unha sorte poder
contar coa autora! Imos intentalo!!

Xantar literario en torno a Males de cabeza de Fran Alonso

O martes 18 de abril, día da volta das vacacións de Pascua, o grupo do alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato reuniuse para comentar a obra de Fran Alonso Males de cabeza.




Loucura, soidade, marxinalidade, machismo.... foron algúns dos temas apuntados e sobre os que debatemos. Un mundo de interrogantes foi xurdindo na conversa: onde está o límite entre a tolería a e a cordura? Só están tol@s @s que están no manicomio? Ata onde pode chegar a mente humana? E a resistencia humana? Pode ser o traballo dunha muller que se adica a facer tortillas para os obreiros sen parar o mellor da súa vida? Pode alguén estar tan desesperado que, ante a perspectiva de non chegar a fin de mes, invista o pouco que lle queda nuha
máquina comecartos?....

Sen dúbida unha máis que agradable xuntanza para comentar unha obra sorprendente, atrevida, chea de humor, de reflexión e tamén de tenrura.


luns, 10 de abril de 2017

Yo soy Malala, próxima lectura do grupo O niño da curuxa.

O grupo do alumnado de 1º,2º e 3º de ESO está xa inmerso na lectura da biografía da Premio Nóbel da Paz Malala Yousafzai. A comezos do mes de maio comentaremos esta obra e falaremos da historia desta rapaza valente e loitadora.



Resultado de imaxes para yo soy malala

Próxima reunión do grupo A curuxa noiteira.

O alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º Bach. do club de lectura terá a próxima reunión o martes 18 de abril ás 3 da tarde na cafetaría do centro para comentar a obra Males de cabeza de Fran Alonso.

 (Esta reunión estaba fixada para  o martes 28 de marzo, pero adiouse pola viaxe a Pontevedra.)


Na próxima reunión do grupo do profesorado: roteiro pola Pontevedra de Todo canto fomos de Xosé Monteagudo.

Será o mércores 26 de abril. Haberá xuntanza-xantar en Pontevedra para comentar a obra Todo canto fomos e a continuación roteiro pola cidade co seu autor Xosé Monteagudo.



https://imagessl4.casadellibro.com/a/l/t0/54/9788498656954.jpg

Reunión do grupo do profesorado para comentar a obra Todo isto che darei de Dolores Redondo.

O grupo do profesorado tivo a segunda reunión do trimestre o pasado mércores 29 de marzo . As obras a comentar eran Todo isto che darei de Dolores Redondo e A inocencia castigada de María de Zayas. Da primeira valorouse como positivo  o áxil e entretida que resulta a súa lectura, mais tamén se destacaron algúns aspectos negativos: a escasa descrición da paisaxe e arquitectura galega (cando si hai un capítulo adicado ao feísmo), a case total ausencia de topónimos, a incidencia na dura climatoloxía galega...




Unha obra, en fin,  sobre a que houbo diversas opinións . Desde o "moi recomendable " dalgunha das participantes na xuntanza ao "non a volvería ler "doutras.







Nesta reunión falamos tamén da obra A inocencia castigada de María de Zayas. A dureza do tema tratado e a situación da muller no século XVI foron os aspectos máis destacados.





sábado, 8 de abril de 2017

Encontro con Kiko Da Silva no Garaxe Hermético.


A nosa viaxe a Pontevedra continuou na escola de banda deseñada de Kiko Da Silva: o Garaxe Hermético. 

Imagen relacionada


Iamos comentar a obra que leramos: O inferno do debuxante, coa que kiko gañara o premio Castelao de banda deseñada.


Mais a conversa foi tamén sobre a creación da escola, a paixon por contar historias, os soños, o compromiso co mundo que nos tocou vivir, ese mundo que queremos do que nos falaran no Salón do Libro.




Sorprendeunos a historia da obra, o xogo de autorías entre Manuel Pardo, creador na ficción das historias que se inclúen no libro e Kiko Da Silva, o verdadeiro autor.
                                               A escola sorprendeunos por dentro e por fóra. e á rapazada quedou con ganas de estudar (estudar???) nun sitio así.







                                  Despedímonos de Kiko da Silva, do Garaxe Hermético e de Pontevedra coa                                        sensación de ter aprendido e gozado moitísimo. Como comentou Carlos (un alumno de 3ºESO): un luxo de excursión!!!!




Visita ao Salón do Libro de Pontevedra do alumnado do Club de lectura Curuxaina.



O venres 24 de marzo fixemos a nosa esperada viaxe a Pontevedra. A primeira parada foi no Pazo da Cultura para visitar o Salón do Libro que este ano ten como lema: O mundo que queremos.

Que gusto recibir a cariñosa benvida de Orbil!!!
























Na visita reflexionamos sobre como sería a cidade na que nos gustaría vivir:









Unha cidade con zonas verdes, sen contaminación.....











Unha cidade feita a medida das persoas que viven nela, por e para as cidadás e cidadáns.







Tamén estivemos na Sala das Apertas e falamos de emocións e de afectos.....:


No mundo que queremos todas e todos cabemos , polo tanto non podía faltar un lugar adicado á diversidade:


Na nosa visita percorremos con abraio a exposición de traballos dos coles participantes. Canta creatividade!!!!





E ao final ....a despedida de Orbil co desexo de volver o ano que vén:


E correndo ao Garaxe Hermético.....que Kiko Da Silva agarda por nós.