O grupo do profesorado tivo a segunda reunión do trimestre o pasado mércores 29 de marzo . As obras a comentar eran
Todo isto che darei de Dolores Redondo e
A inocencia castigada de María de Zayas. Da primeira valorouse como positivo o áxil e entretida que resulta a súa lectura, mais tamén se destacaron algúns aspectos negativos: a escasa descrición da paisaxe e arquitectura galega (cando si hai un capítulo adicado ao feísmo), a case total ausencia de topónimos, a incidencia na
dura climatoloxía galega...
Unha obra, en fin, sobre a que houbo diversas opinións . Desde o "moi recomendable " dalgunha das participantes na xuntanza ao "non a volvería ler "doutras.
Nesta reunión falamos tamén da obra A inocencia castigada de María de Zayas. A dureza do tema tratado e a situación da muller no século XVI foron os aspectos máis destacados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario