venres, 26 de xuño de 2026

La vegetariana

 A última xuntanza deste curso do Club do profesorado pódese resumir con dúas palabras: inquietante e perturbadora. Non pola reunión, por suposto, que foi coma sempre moi agradable; pero si pola lectura. Nestes dous adxectivos coincidimos todas para calificar o libro de Han Kang La vegetariana. Destacamos a prosa da autora, a utilización das palabras, a poesía do texto. Unha boa lectura para o verán.

Pola nosa parte, espérannos tres propostas: Esperando a mister Bojangles de Olivier Bourdeaut, La hija de Sergio del Molino e Ana no de Agustín Gómez Arcos.

Vémonos en setembro, Curuxainas!

luns, 22 de xuño de 2026

O Club de roteiro

Rematamos este curso as reunións do Club de Lectura cun roteiro literario polas rúas de Santiago de Compostela. Tamén visitamos algunhas das súas librerías e mercamos novidades para a nosa biblio. Foi unha xornada moi divertida na que falamos de libros e coñecimos un pouco máis sobre autores como Lorca ou Rosalía. Despedímonos ata o curso que vén, pensando nas lecturas que nos esperan para estas vacacións.

luns, 15 de xuño de 2026

E ti que contas!

 Hoxe despedímonos por este curso do Club de Lectura E ti que contas! Fixemos a reunión na nosa biblio, lemos e pasamos un tempo moi divertido coas aventuras do Galo Quirico, un conto tradicional que nos ensina que, ás veces, non é bo ser un larpeiro. Despois visitamos a cafetería para merendar e despedirnos ata o vindeiro setembr
o. Xa estamos pensando nas novas historias que nos agardan.










Agasallando palabras

 No último encontro do Club de Lectura Intercultural na Cruz Vermella agasallamos palabras.

Este foi o agasallo que nos deron
E este foi o noso
Subida en curso: 2974686 de 2974686 bytes subidos.

mércores, 3 de xuño de 2026

Club de Lectura Intercultural

  No Club de Lectura Intercultural e Interxeracional, o Equipo de Correspondentes e Voluntariado reúnese na Cruz vermella de Vilagarcía con estudantes de español de diferentes nacionalidades. O obxectivo destes encontros é compartir para coñecer e nesta ocasión o tema foi "O Entroido". O alumnado voluntario fixo un vídeo no que recolleu o que máis lle chamou a atención. 

Grazas por deixarnos aprender de vós!

xoves, 28 de maio de 2026

Con Pancho Lapeña

 Hoxe tivemos unha xuntanza moi especial no Club de lectura. Pancho Lapeña, profesor de Filosofía, escritor, deseñador gráfico e, sobre todo, un gran amante dos paxaros, falounos de como publicar un libro e de como deseñar unha capa. Foi unha charla moi interesante e esperamos que haxa unha segunda parte.


Despois, cada unha das integrantes do Club escolleu un libro sorpresa para ler en xuño. Na próxima reunión descubriremos se a escolla foi acertada!

Os Sneetches

 Para a xuntanza deste mes co Club de lectura E ti que contas?, achegámonos á biblioteca do Colexio de Educación Especial e alí puidemos coñecer unha historia tradicional inglesa, Os Sneetches, uns gansos moi divertidos. Aprende
mos que o importante non é que sexamos todos iguais, porque a diferenza nos fai persoas únicas... teñamos unha estrela verde na barriga ou non.

Despois da lectura escollemos o próximo libro. Cal será? O 15 de xuño teremos a resposta!




luns, 11 de maio de 2026

Mentira de Care Santos

O Club de lectura reuniuse a semana pasada para falar de Mentira de Care Santos. Foi todo un éxito, gustounos moito a todas. Na xuntanza falamos de de redes sociais, das mentiras, das segundas oportunidades e, por suposto, de namorarse😍

Xa decidimos que a próxima lectura para o final de curso será: El último trabajo del señor Luna de César Mallorquí, unha historia de misterio que seguro nos engancha.


xoves, 23 de abril de 2026

Frederick


 Onte tivemos unha nova reunión do Club de Lectura E ti que contas? Desta vez tocounos recibir na nosa biblioteca aos compañeiros e compañeiras do cole. Lemos a historia de Frederick, un rato de campo moi poeta. Despois falamos desta historia, fixemos uns xogos einventamos mil e unha historias que pasan nas granxas.

Vémonos o próximo mes con novas historias de animais.                             

martes, 7 de abril de 2026

Mentira

 Mentira de Care Santos foi o libro sobre o que falaron as integrantes do Club de lectura.



Hasta que empiece a brillar

 Nova xuntanza do Club Curuxaina para compartir as impresións sobre o libro de Andrés Neuman, Hasta que empiece a brillar.

E ti que contas!

 Por fin puidemos dar comezo ás reunións do Club de lectura E ti que contas?, tarde pero con moitas ganas. Compartimos, coma sempre, uns momentos moi agradables. Presentámonos, falamos das nosas historias favoritas e fixemos xuntos unha tarxeta de amizade. Tamén recibimos un fermoso agasallo feito polo obradoiro de reprografía do Colexio de Educación especial. Vémonos o próximo mes con novas historias!

luns, 9 de febreiro de 2026

Mentira, a nova lectura

 Despois da xuntanza, xa temos nas nosas mans a seguinte lectura: Mentira de Caré Santos. Vémonos en marzo! Desfrutade da lectura nestas tardes invernais de treboadas!!!