mércores, 21 de decembro de 2022

Árbore literaria

Estes días, o Club de lectura converteu a árbore do Nadal nunha árbore literaria con recomendacións lectoras. Temos un grupiño moi lector que quere achegar os seus gustos á mocidade da súa idade.

E por que non un libro como agasallo? Momento de ler e momento de compartir boas lecturas.


martes, 6 de decembro de 2022

Árbore do Nadal

Comezamos a adornar a Árbore do Nadal co alumnado do Club de Lectura Curuxaina. Nuns días esperamos convertilo nunha árbore literaria.


venres, 18 de novembro de 2022

A casa de Formoso

Lecer literario para comentar as impresións de A casa de Formoso, de Héctor Cajaraville, aínda que algunhas curuxainas non o remataron por mor dos exames😔 pero queren acabalo. Bo sinal!! De todos os xeitos, sempre se pasa un rato agradable conversando de libros con xente nova.

Despois, as novas lecturas. Libros e cine de terror. Que historias lles tocarían? De momento só unhas pinceladas terroríficas!!👻👻👻




luns, 7 de novembro de 2022

Unha xuntanza esperada

Un novo curso iniciamos as xuntanzas do Club de lectura do profesorado, esperando xa coller de novo o ritmo "prepandémico". A lectura a comentar foi Hamnet de Maggie O'Farrell. Gustou a súa prosa descritiva e engaiolounos Agnes, personaxe "moi galego", moi máxico. Destacamos os momentos tristes e emotivos. Sen dúbida, unha boa lectura que recomendamos desde este club.

Agora nos queda por ler, para a próxima xuntanza, Pura pasión de Annie Ernaux e Así fala Penélope de Marta Dacosta (unha antoloxía de xénero).

luns, 10 de outubro de 2022

Benvidas Curuxainas!!

O Club Curuxaina está de volta! Reunímonos hoxe na biblio durante o recreo coma sempre. Eramos 24 curuxainas, empezamos con forza! Botamos de menos a Ana Castro, pero démoslle a benvida a Antonio Fernández como novo curuxaina. Despois tocou presentarnos e xuntarnos por equipos para resolver unha sopa de letras na que estaba oculto o título e o nome do autor do primeiro libro que imos ler O segredo da casa de Formoso de Héctor Cajaraville. Un autor que sempre triunfa no noso centro.


Un ano de lecturas

 

venres, 13 de maio de 2022

Saímos a ler!

O pasado xoves 13 de maio a rapazada do club de lectura achegouse a Santiago a pasar a xornada. Ben o merecen despois da andaina lectora deste curso!!

Visitamos a Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura!!! Encantounos!!! O deseño e as salas de lectura son impresionantes.

Puidemos acceder ao arquivo onde se gardan verdadeiras xoias, facsímiles do s. XV, edicións antiquísimas de revistas e xornais e libros en miniatura que son verdadeiros tesouros.


Ademais vimos onde gardan as bibliotecas de persoeiros como Isaac Díaz Pardo.

Puidemos ver un incunable. Moito alumnado non sabía o que era e sorpendeulles moito velo.

Foi unha visita moi interesante.

Despois aproveitamos para ver unha exposición sobre o Surrealismo, tamén moi interesante e impactante.



Á saída tomámonos un descansiño!! E compartimos as lecturas que levamos das nosas casas; lemos os fragmentos que traiamos seleccionados. Foi un momento moi especial e descubrimos libros que non coñeciamos.





Aproveitamos tamén para disfrutar dos espazos exteriores que ten a Cidade da Cultura. Foi unha xornada diferente e moi especial👏👏 



Nos próximos días prepararemos unha exposición coas mellores fotos da xornada!!! Queremos compartilas cos nosos compis!!!
Viva o Club de lectura Curuxaina!!!