xoves, 20 de abril de 2017

Xantar literario en torno a Males de cabeza de Fran Alonso

O martes 18 de abril, día da volta das vacacións de Pascua, o grupo do alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato reuniuse para comentar a obra de Fran Alonso Males de cabeza.




Loucura, soidade, marxinalidade, machismo.... foron algúns dos temas apuntados e sobre os que debatemos. Un mundo de interrogantes foi xurdindo na conversa: onde está o límite entre a tolería a e a cordura? Só están tol@s @s que están no manicomio? Ata onde pode chegar a mente humana? E a resistencia humana? Pode ser o traballo dunha muller que se adica a facer tortillas para os obreiros sen parar o mellor da súa vida? Pode alguén estar tan desesperado que, ante a perspectiva de non chegar a fin de mes, invista o pouco que lle queda nuha
máquina comecartos?....

Sen dúbida unha máis que agradable xuntanza para comentar unha obra sorprendente, atrevida, chea de humor, de reflexión e tamén de tenrura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario