Hoxe o club de
lectura xuntouse para falar de Hoyos de Louis Sachar. Exitazo total!!! Hai curuxain@s aos que lles faltaban poucas páxinas e quixeron quedar
con el para rematalo.
A vida no campamento do lago verde envolveunos ata o último momento Falamos
da historia a partir de nomes e fotografías que nos evocaban a trama da novela. Ademais vimos o tráiler da película
feita
a partir do libro.... que gañas de vela!!
E como broche
final levamos para a casa a autorización para unha saída o próximo 12 de maio. Iremos a Santiago e visitaremos
a Biblioteca da Cidade da Cultura, veremos tamén unha
exposición sobre o Surrealismo e relaxarémonos no Monte Viso facendo o roteiro
da senda mitolóxica.
Ah!!! E non debemos esquecernos de meter xunto co bocata, un relato, conto, fragmento, poema.... unha lectura que nos tivese
enganchado
durante a nosa vida lectora!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario