luns, 23 de xuño de 2025

Despedida do Club

 Na última xuntanza tocou despedirnos do Club de lectura por este curso e tivemos unha reunión moi completa. Primeiro falamos de Invisible de Eloy Moreno (gustou moito esta historia) e despois, mentres merendabamos, falamos dos plans do verán e, por suposto, das lecturas que temos agardando para eses dous meses de vacacións... Algunhas son: Mentira de Care Santos e Asesinato para principiantes de Holly Jackson.

Despois, reunímonos co Club de lectura do IES Chano Piñeiro de Forcarei, mediante unha vídeo chamada. Con este grupo tan divertido, falamos de libros e quedamos en facer unha xuntanza o vindeiro curso para poder coñecernos en persoa.

Conversando de libros

 Última xuntanza do Club na que, ademais de compartir uns petiscos, falamos de libros. O alumnado recomendou lecturas para o verán e que, o curso que vén, servirán para iniciar as nosas xuntanzas.

Feliz verán e felices lecturas!!

martes, 17 de xuño de 2025

La colonia

La colonia de Audrey Magee foi o último libro que, este curso, compartimos no Club de Lectura do profesorado. Unha boa elección para reflexionar sobre as linguas, as colonizacións, as esperanzas e as ilusións frustradas, entre outros temas.