xoves, 24 de febreiro de 2022

Unha nova etapa na viaxe lectora

Hoxe xuntámonos para falarmos de Las lágrimas de Shiva e de Jules Verne e a vida das mulleres planta. Compartimos opinións e, debido ao apertado do calendario de exames, deixamos os libros dez días máis, xa que os curuxainos e as curuxainas, que non os remataron, queren facelo, porque lles están gustando.



Na sesión de xuntanza tamén votaron os mellores deseños de caretas da actividade proposta pola biblioteca.

Verémonos á volta do Entroido, para repartir a nova lectura, que vai sobre peixes... O alumnado está expectante.

Seguimos viaxando coa lectura grazas ao entusiasmo do niño da Curuxaina. Vémonos en marzo!

venres, 28 de xaneiro de 2022

Lecturas "amistosas"

 Feliz ano, Curuxainos e Curuxainas! Primeiro encontro despois do Nadal. Compartimos as lecturas da nosa amizade e descubrimos temáticas e historias xeniais. Gran idea compartir as "nosas" lecturas!

A próxima viaxe lectora é presentada a través de dous booktrailers moi potentes que xunto con fotos e obxectos nos abren a porta a unha nova aventura... Poderemos escoller entre Las lágrimas de Shiva de César Mallorquí ou Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas.

Vémonos o 24 de febreiro. Disfrutaremos dunha xincana literaria, estades xa a punto?

xoves, 16 de decembro de 2021

Xuntanza con Héctor Cajaraville

Héctor Cajaraville na visita e xuntanza co alumnado de 1º e 2º da ESO fixo un oco para asinar libros da rapazada do Club de lectura. Mostrouse agradecido pola escola no club do seu último libro, Os Metrosiderais, do que disfrutaron moito en Curuxaina.

Grazas Héctor, coma sempre!

Despedindo o ano

Toca despedir o trimestre lector e Curuxaina tivo hoxe a xuntanza a quinta e sexta hora da mañá. Coma sempre, na Biblioteca.

Houbo cinema con tres emotivas curtametraxes; houbo reparto de amizade invisible. A rapazada trouxo o seu libro favorito da casa, envolto con moito agarimo 💗💚💜 Houbo para todos os gustos.

 



Ao final, pequena merendola para despedir o ano de maneira doce e agardar que o 2022 veña cargado de lecturas viaxeiras e especiais. 
Bo Nadal á familia Curuxaina!!🎄🎄🎄

xoves, 2 de decembro de 2021

Próximo destino?

De novo o Club fai unha parada na súa viaxe, para comentar as experiencias vividas coas personaxes protagonistas dos seus libros. Unhas experiencias sempre enriquecedoras que irán gardando no seu interior como se dunha maleta se tratase.

Na xuntanza deste xoves, as bandas deseñadas de medo volveron á biblioteca e as lectoras e lectores compartiron con entusiasmo o libro que lles tocara ler. Frankenstein sorprendeu a Lía, Stranger Things deixou pegada en Tiago e Aitana desfrutou cos misterios de Moeche.

Tamén, viaxamos polo mundo, situando eses lugares que fomos percorrendo a través das viñetas deste mes. As chinchetas cravaron destinos variados e diferentes nos que soñamos as historias lidas. Que país foi o máis visitado? Seguro que, se pensades un pouquiño, acertades. A voar esa imaxinación!


Vémonos o 16 de decembro! Na quinta e sexta hora Curuxaina xuntarase para repartir un amigo invisible moi orixinal. Haberá cinema, música e merendola!! E compartiremos tempo de lecer entre todos e todas que ao final do trimestre vénnos moi ben!!!