O pasado xoves 22 de marzo o grupo do alumnado da ESO reuniuse para comentar a obra de María Reimóndez Corredora, unha novela que a dicir de todos os e as participantes no encontro resultou demasiado curta xa que tod@s querían saber máis da protagonista.
Genet Mullugueta é unha nena etíope que naceu nunha aldea de Etiopía e que sempre adorou correr. Na súa familia pode verse as duras condicións de vida das mulleres neste lugar do mundo. A pobreza, a guerra e a tiranía do pai obrigan a Genet e a súa nai a emigrar á capital: Addis Abeba. Alí coñecerá os perigos e o ritmo frenético da cidade.
Sobrevivir na capital noin é fácil, pero Genet espanta o medo coa velocidade, correr dálle forza e será a súa salvación cando coñeza a Abebe, médico e voluntatrio da federación de Atletismo.
Para tod@s Genet repesenta o valor e a dignidade. Sobre todo algunhas nenas do grupo que prectican ou practicaron atletismo sentíronse reflexadaas nela.
Gustou moito esta novela porque transmite valores moi positivos, a mensaxe de que superar obstáculos non depende nin da idade, nin da raza nin do xénero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario