Este luns dez de outubro xuntouse na biblioteca o alumnado
de 1º , 2º e 3º de ESO que vai formar parte do club de lectura.
Un recreo dá para pouco , pero a este sacámoslle rendemento:
coñecémonos, asinamos un contrato de compromiso co club , falamos de como
organizar as reunións...
A primeira obra que imos ler é A neta do señor Linh, do francés Philippe Claudel, traducida ao
galego pola editorial Rinoceronte. Unha novela que fala de amizade, soidades
compartidas, do horror da guerra e o drama dos refuxiad@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario