Comeza un novo curso escolar e con el unha nova andaina para o club de lectura do IES Castro Alobre.
Ademais estreamos nome Curuxaina.
Temos por diante unha chea de lecturas, sorpresas e soños por compartir...
E para comezar a rodar, estas son as datas da primeira reunión:
Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO (Grupo O niño da curuxa): o luns 10 de outubro no primeiro recreo na Biblioteca.
Alumnado de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato (Grupo A curuxa noiteira): o martes 11 de outubro no primerio recreo na Biblioteca.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! AGARDÁMOSVOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario