O martes 8 de novembro a rapazada do club de lectura de 4ºESO e 1º e 2º de Bacharelato, xunto coas profes que coordinan o grupo, reuniuse de 3h a 4.30h para comentar a obra de María Reimóndez A dúbida.
Coincidían en sinalar o interese do tema : os abusos sexuais a menores e a valentía da autora por tratalo nunha novela por entregas. Dar visibilidade a feitos como os que se narran na obra pode axudar a vítimas que adoitan ser invisibles.
Tamén se destacou na xuntanza a axilidade que vén dada pola intriga que se mantén capítulo a capítulo. Por todo isto, e malia algún aspecto negativo que tamén se indicou (como a credibilidade do personaxe de Deli) recomendamos A dúbida de María Reimóndez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario