O alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO que forma o grupo O niño da curuxa do noso club de lectura Curuxaina reuniuse o luns 7 e o martes 8 de novembro para comentar a obra A neta do señor Linh, escrita polo francés Paule Claudel.
A novela fálanos das consecuencias da guerra : da fuxida, dos refuxiadxs, da soidade, da loucura....pero tamén da amizade e da esperanza. As rapazas e rapaces do club coincidiron ao sinalar a intensidade e dureza de A neta do señor Linh e o sorprendente do seu final. Todxs recomendarían esta obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario