domingo, 18 de xuño de 2017

X Xornadas dos Clubs de Lectura

Un grupo de alumnado de 4ESO e 1º de Bacharelato participaroa este sábado 17 de xuño no encontro de clubs de lectura que celebraba o décimo aniversario da formación dos mesmos.
Foi unha xornada moi calorosa, pero tamén moi emocionante e produtiva con actividades comúns (preformances, charlas...) e  obradoiros aos  que asistiron segundo foran elixidos.











Libros de viaxes, encontros con escritor@s, como soltarse a escribir, banda deseñada, poesía.....foron algúns dos temas dos obradoiros e dos que logo intercambiarían información rapaces e rapazas.
E na clausura da xornada Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre, unha marabillosa actuación na que alumnado e profesorado ademais de escoitar música, soltouse tamén a bailar.














Unha xornada chea de emocións, de reencontros onde a lectura, a escrita, a música e , sobre todo a rapazada, foron protagonistas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario