O xoves 22 de xuño tivo lugar no recreo a xuntanza do alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO para comentar a biografía da Premio Nóbel da paz , Malala.
Non puido ser máis acertada a escolla. A rapazada mostrouse entusiamada coa obra. Chegaron a dicir que debía ser de lectura obrigatoria!!
A loita desta rapaza paquistaní pareceulles incrible pola dignidade, pola valentía, polo que ten de xenerosidade, porque Malala non só reivindica o ensino para ela senón para todas as nenas do mundo e faino nun contexto no que se impón o terror e a senrazón.
A conclusión final foi que o seu Premio Nóbel foi merecidísimo, mais o mellor premio sería vivir nun mundo rexido pola igualdade e a xustiza.
A xuntanza rematou cunhas recomendacións para o verán. Ata o próximo curso, con máis lectura e máis historias que, como a de Malala, han de emocionarnos! Bo verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario