Do xeito máis festeiro posible, cunha comida campestre no exterior do instituto despediuse deste curso o grupo A curuxa Sabia. Foi o mércores 21 de xuño nunha xuntanza na que comentou a última obra deste período lectivo: Recursos inhumanos de Pierre Lemaitre.
Os comentarios da obra destacaron a súa dureza,
como a crise e a loita pola supervivencia poden mudar a un ser humano nun contexto onde todo, incluída a explotación está permitido no mundo laboral.
Fíxose unha análise dos personaxes e coincidimos en que é o final da obra quen pon a cada un no seu sitio ao quedar perfectamente claro quen se deixa levar pola corrupción e a falta de moral e que prioriza a ética sobre o poder.
Até o curso que vén, no que seguiremos compartindo lecturas e encontros!! Boas vacacións!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario