Feita a primeira reunión, decidimos, nesta primeira avaliación, que as nosas lecturas versasen sobre o tema da diversidade sexual . Comezamos con dúas obras de banda deseñada ( dado o éxito que o curso pasado tivo este xénero). Estas obras son: El azul es un color cálido de Julie Maroh e Fun home , una familia tragicómica de Alison Bechdel.
O outro grupo de alumnado está formado pola rapazada dos catro cursos de ESO (24). Tivemos tamén a primeira reunión e xa estamos lendo a primeira obra do curso, unha obra narrativa que ten moito de poética: De repente en lo profundo del bosque de Amos Oz:
Por último, o grupo do profesorado xa tivo a súa primeira xuntanza para comentar a lectura posta a final do curso anterior: O anxo negro de Manuel Gago, da que daremos conta na entrada seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario