O psado xoves 22 de febreiro tivemos a sorte de contar na reunión do grupo do profesorado co escritor Antón Riveiro Coello para conversar con el da súa novela Laura no deserto e tamén da figura de Mercedes Núñez de quen leramos o testemuño brutal que recolle na obra Cárcere de Ventas.
Da motivación que o levou a escoller a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial como materia literaria, da estrutura tan coidada da obra, dos personaxes, do labor do escritor, dos seus comezos... de todo isto e moito máis (non podía faltar o entroido de Xinzo) falamos durante tres horas que correron como se duns minutos se tratase.
Moito aprendemos e moito rimos!! Grazas Antón e volve cando queiras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario