Se na primeira avaliación tratamos da diversidade das relacións sexuais e afectivas, neste segundo trimestre o tema deste grupo do noso club de lectura, que queremos que sexa coeducativo, está sendo a violencia de xénero.
A próxima lectura é unha novela da escritora Eli Ríos a quen coñeciamos como poeta e que agora se estrea como narradora. Luns permitiranos aplicar moitas das reflexións da obra que vimos de ler (O diario azul de Carlota) á vida da protagonista, unha muller en quen podemos ver a vida e o sufrimento de moitas mulleres da vida real porque na ficción imos atopar a realidade coa que topamos a cotío .
Ningún comentario:
Publicar un comentario