Mulleres de conto é o título deste ano do Salón do libro Infantil e Xuvenil no que o pasado venres 13 de abril se celebrou o I Encontro de clubs de Lectura e o alumnado do noso club, tanto de ESO como de Bacharelato participaron nel.
Comezou o encontro cun marabilloso concerto de Canela Cafuné, que ademais de música convidáronnos a reflexionar sobre cal é a situación das mulleres na loita pola igualdade. Con Marta e Eric cantamos o tema de Sés "Non son fada nen princesa".
O encontro continuo cunha gymkana literaria, 30 minutos con cada un/unha d@s seguintes autor@s: María Reimóndez (a muller e o deporte), Ledicia Costas ( a nosa querida Escarlatina), Fran Alonso ( cos seus "Street Poems"), Tamara Andrés (versos desde Antiochia) e Anxo Fariña (a ilustración dos Megatoxos). Foi unha actividade marabillosamente valorada polo alumnado, polo variado dos obradoiros e pola ilusión que lles fixo a conversas cos est@s autor@s.Tamén resaltaron o moito que lles gustou a relación e e intercambio coa rapazada doutros clubs
E rematamos a xornada coa visita ao Salón do Libro onde puidemos admirar tanto a fantástica decoración do espazo como a variada exposición dos centros de ensino na que admiramos o traballo e a creatividade do profesorado e alumnado participante. Xa na viaxe de volta lembramos a experiencia vivida á vez que se manifestaba o desexo de volver o curso que vén.
O noso agradecemento a quen fai posible o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, especialmente a Eva Mexuto e Anxos Rial pola súa acollida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario