O xoves 5 de abril xuntámonos o grupo do profesorado para falar, despois dunha comida na cafetaría do centro, da obra Fariña de Nacho Carretero.
A maioría do profesorado do club é ou vive en Vilagarcía polo que tamén coñece de primeira man os acontecementos e incluso algúns dos personaxes que se citan na obra. Un a un fomos repasando os episodios: a aceptación e permisividade por parte da sociedade do contrabando de tabaco, o horror do tráfico de droga para a cidade e a comarca, o valor das nais contra a droga etc...
Da obra destacamos o enorme traballo de investigación e , malia que como xa se indicou, os feitos principais xa eran coñecidos pola maioría sorprenden os datos: as inmensas cantidades de droga coa que se traficaba e as inxentes cifras que recadaban os narcos . Tamén nos sorprendeu os estreitos lazos cos carteles colombianos e incluso coa mafia siciliana. Un complexo entramado internacional no que desgraciadamente Vilagarcía tiña un papel protagonista.
Fariña unha obra necesaria para coñecer a verdade dunha realidade que non debe repetirse, unha obra que merece ser lida e, por suposto, publicada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario