Hai tempo que non pasabamos polo blog para contarvos as nosas andainas, mais a actividade do “Curuxaina” non parou en ningún momento! Así que, sen máis preámbulos, aproveitamos esta ocasión para poñervos ao día de todo canto fixemos:
Na última entrada anunciabamos que estabamos a argallar algo para celebrar a Xela Arias, e así foi, pois participamos activamente nun mural colectivo que elaborou o Departamento de Lingua Galega. Nese mural engadimos algunhas mostras da nosa reinterpretación dalgúns dos versos da gran poeta que este ano se homenaxeaba a través de cartolinas con versos dela decorados con imaxes, collages e todo o que Xela inspiraba en nós.Pasado o Día das Letras Galegas as
persoas do “Curuxaina” tivemos outra xuntanza para vernos e onde estivemos a
realizar un test sobre gustos lectores. Nese formulario definiamos as nosas
preferencias lectoras para que a coordinadora do club escollese na biblioteca
do centro cal ía ser a nosa última lectura do curso.
Finalmente, a nosa última reunión
ata o momento tivo lugar o pasado venres. Alí fíxosenos entrega a cadaquén dun
libro diferente que pretendía atinar cos gustos definidos no test que
previamente fixeramos. Foi unha xuntanza moi divertida, porque se descubriron
obras que foron acollidas con moito gusto polos participantes, todas elas
comparten a premisa de seren bandas deseñadas, pois foi o xénero no que máis
nos adentramos este curso ademais de que o ritmo de exames e traballos destas
últimas lecturas de curso non permiten deternos en lecturas excesivamente
longas... esas hai que reservalas para o verán! Tamén aproveitamos para ir
devolvendo e comentando os nosos pareceres sobre os libros anteriores (Subnormal e O
derradeiro libro de Emma Olsen) e quedamos en vernos nunhas semanas xa para
pechar este estupendo curso no que lemos e aprendemos xuntos e xuntas. Ata
daquela!
Ningún comentario:
Publicar un comentario