O grupo do profesorado e do alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato do noso club de lectura Curuxaina gozaron coas palabras coas que Carlos Negro iniciou a sesión. Palabras que falaban de emocións, de tenrura, de igualdade, pero sobre todo de poesía, da poesía que non se atopa só nos libros, senón tamén nas estacións de servizo, nos muros, pola rúa...
Na conversa sobre a obra Masculino singular saíron os temas que trata : a igualdade, o feminismo, o (re)pensar a masculinidade...pero tamén o atraente que resulta a forma dos poemas, a variedade, a deconstrución..
Moit@s d@s asistentes leran outras obras do autor, como Penúltimas tendencias e resaltaron que gozaron coa súa lectura e que conectaran moi ben con elas.
A Carlos gustoulle o encontro conxunto de alumnado e profesorado e a nós engaiolounos a súa forma de achegar a poesía. Gozamos dunha marabillosa tarde chea de palabras e onzas de chocolate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario