O pasado mércores 7 de decembro o grupo do profesorado do club de lectura do noso centro reuniuse para comentar a obra que obtivo o último premio Xerais : A ira dos mansos de Manuel Esteban.
As opinións foron diversas e as valoracións tamén. Destacouse como positivo a escrita áxil, a intriga, o feito de abordar un tema como a síndrome Down, tampouco tratado na literatura galega e incluso noutras literaturas. Trátase dunha obra que ofrece a posibilidade de reflexionar moito sobre a integración das persoas con Down e, sobre todo, cando, como no caso do noso grupo, hai unha persoa que traballa e convive con elas.
Como eivas, que ao mellor non o son tanto, comentamos que as dúas historias que conforman a obra teñen un tratamento desigual, que non hai transición entre elas e que quedan moitos interrogantes e cuestións sen resolver.
Malia isto, é unha lectura que pode axudar a eliminar prexuízos, a recapacitar e, ao igual que ao inspector Carlos Manso, a superar reparos na convivencia con persoas que son , como o resto dos seres humanos, marabillosamente imperfectas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario