domingo, 15 de xaneiro de 2017

Sesión dobre dos grupos de alumnado do club de lectura : Dez negriños, novela e película.


Como remate do primeiro trimestre os grupos O niño da curuxa e A curuxa noiteira reuníronse o luns 19 de decembro ás 4.30 da tarde e converteron a Bilioteca do centro nunha sala de cine.  

Antes de visualizar a película comentamos a novela: a acción, os espazos , os personaxes e sobre todo a intriga e o ritmo rápido que presenta. A valoración non puido ser máis positiva xa que tod@s @s que alí estabamos gozaramos coa lectura e por suposto recomendámola a quen queira pasar uns momentos moi agradables.









Despois  de ver a versión que en 1945 fixo René Clair da obra, valoramos a adaptación da obra na película, as diferenzas e aspectos que nos chamaran a atención: a adaptación dos personaxes, que respondían ou non a imaxe que tiñamos deles, o feito de que na película sexan indios e non negriños , como se reflexan os espazos etc...

Foi unha tarde moi agradable na que a literatura e o cine foron os protagonistas. E a próxima reunión....no 2017! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario