O pasado mércores 18 de xaneiro tivo lugar na nosa biblioteca o esperado encontro co escritor Carlos Negro para falar da súa obra
Masculino singular.
O grupo do profesorado e do alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato do noso club de lectura
Curuxaina gozaron coas palabras coas que Carlos Negro iniciou a sesión. Palabras que falaban de emocións, de tenrura, de igualdade, pero sobre todo de poesía, da poesía que non se atopa só nos libros, senón tamén nas estacións de servizo, nos muros, pola rúa...
Na conversa sobre a obra
Masculino singular saíron os temas que trata : a igualdade, o feminismo, o (re)pensar a masculinidade...pero tamén o atraente que resulta a forma dos poemas, a variedade, a deconstrución..
Moit@s d@s asistentes leran outras obras do autor, como
Penúltimas tendencias e resaltaron que gozaron coa súa lectura e que conectaran moi ben con elas.
A Carlos gustoulle o encontro conxunto de alumnado e profesorado e a nós engaiolounos a súa forma de achegar a poesía. Gozamos dunha marabillosa tarde chea de palabras e onzas de chocolate.