Comeza a nosa andaina neste novo curso e faino con novidades nos grupos de alumnado. Dado o elevado número de rapazas e rapaces de Bacharelato (28) que se apuntaron para formar parte do club neste curso, optamos por facer un grupo exclusivo desta etapa.
Feita a primeira reunión, decidimos, nesta primeira avaliación, que as nosas lecturas versasen sobre o tema da diversidade sexual . Comezamos con dúas obras de banda deseñada ( dado o éxito que o curso pasado tivo este xénero). Estas obras son:
El azul es un color cálido de Julie Maroh e
Fun home , una familia tragicómica de
Alison Bechdel.
O outro grupo de alumnado está formado pola rapazada dos catro cursos de ESO (24). Tivemos tamén a primeira reunión e xa estamos lendo a primeira obra do curso, unha obra narrativa que ten moito de poética: De repente en lo profundo del bosque de Amos Oz:
Por último, o grupo do profesorado xa tivo a súa primeira xuntanza para comentar a lectura posta a final do curso anterior: O anxo negro de Manuel Gago, da que daremos conta na entrada seguinte.