xoves, 28 de maio de 2026

Con Pancho Lapeña

 Hoxe tivemos unha xuntanza moi especial no Club de lectura. Pancho Lapeña, profesor de Filosofía, escritor, deseñador gráfico e, sobre todo, un gran amante dos paxaros, falounos de como publicar un libro e de como deseñar unha capa. Foi unha charla moi interesante e esperamos que haxa unha segunda parte.


Despois, cada unha das integrantes do Club escolleu un libro sorpresa para ler en xuño. Na próxima reunión descubriremos se a escolla foi acertada!

Os Sneetches

 Para a xuntanza deste mes co Club de lectura E ti que contas?, achegámonos á biblioteca do Colexio de Educación Especial e alí puidemos coñecer unha historia tradicional inglesa, Os Sneetches, uns gansos moi divertidos. Aprende
mos que o importante non é que sexamos todos iguais, porque a diferenza nos fai persoas únicas... teñamos unha estrela verde na barriga ou non.

Despois da lectura escollemos o próximo libro. Cal será? O 15 de xuño teremos a resposta!




luns, 11 de maio de 2026

Mentira de Care Santos

O Club de lectura reuniuse a semana pasada para falar de Mentira de Care Santos. Foi todo un éxito, gustounos moito a todas. Na xuntanza falamos de de redes sociais, das mentiras, das segundas oportunidades e, por suposto, de namorarse😍

Xa decidimos que a próxima lectura para o final de curso será: El último trabajo del señor Luna de César Mallorquí, unha historia de misterio que seguro nos engancha.


xoves, 23 de abril de 2026

Frederick


 Onte tivemos unha nova reunión do Club de Lectura E ti que contas? Desta vez tocounos recibir na nosa biblioteca aos compañeiros e compañeiras do cole. Lemos a historia de Frederick, un rato de campo moi poeta. Despois falamos desta historia, fixemos uns xogos einventamos mil e unha historias que pasan nas granxas.

Vémonos o próximo mes con novas historias de animais.                             

martes, 7 de abril de 2026

Mentira

 Mentira de Care Santos foi o libro sobre o que falaron as integrantes do Club de lectura.



Hasta que empiece a brillar

 Nova xuntanza do Club Curuxaina para compartir as impresións sobre o libro de Andrés Neuman, Hasta que empiece a brillar.

E ti que contas!

 Por fin puidemos dar comezo ás reunións do Club de lectura E ti que contas?, tarde pero con moitas ganas. Compartimos, coma sempre, uns momentos moi agradables. Presentámonos, falamos das nosas historias favoritas e fixemos xuntos unha tarxeta de amizade. Tamén recibimos un fermoso agasallo feito polo obradoiro de reprografía do Colexio de Educación especial. Vémonos o próximo mes con novas historias!

luns, 9 de febreiro de 2026

Mentira, a nova lectura

 Despois da xuntanza, xa temos nas nosas mans a seguinte lectura: Mentira de Caré Santos. Vémonos en marzo! Desfrutade da lectura nestas tardes invernais de treboadas!!!

Micro algas

 O xoves pasado tivemos reunión do Club de lectura. Falamos de Micro Algas de Xulia Pisón.


Comentamos a importancia que teñen estes microorganismos para a natureza e o ser humano e fixemos un cartaz para que todo o centro coñeza as microalgas.


venres, 16 de xaneiro de 2026

1984 no Nadal

  Última xuntanza do ano do Club de lectura de ciencia ficción. Fernando falounos de Orwell e fixo unha introdución ao libro, para situarmos no tema. Moi interesantes os seus comentarios.

Comentouse, máis ou menos, a metade do libro. Inquietante o Gran Irmán e a revisión do pasado. E tamén xurdiu a comparación desa vixianza constante coa nosa vida permanentemente exposta a través dos teléfonos móbiles e das redes sociais.

Resultou unha reunión interesante e deixounos con ganas de afrontar esa última parte do libro que nos queda para despois do Nadal.