venres, 24 de marzo de 2017

E coa próxima lectura.... imos de viaxe.

O  alumnado do Club de Lectura Curuxaina do noso centro andamos a ler unha obra de banda deseñada: O inferno do debuxante de Kiko Da Silva.






Imagen relacionada      Esta vez non comentaremos a obra no centro. Trasladámonos á escola de banda deseñada do autor en Pontevedra : O Garaxe Hermético, única en Galiza e unha das poucas no estado español.
 Aproveitaremos para facer unha visita guiada ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que nesta edición ten como lema O mundo que queremos.
Estamos desexando compartir experiencias este venres 24  de marzo.

martes, 21 de marzo de 2017

O grupo O niño da curuxa comenta Todo o tempo do mundo de David Pérez Iglesias.



Achegámonos a obra gañadora do último premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil con intriga e con ganas de coñecer a súa protagonista: Ariadna , a nena que desde a cidade vai á montaña a pasar vinte días intensos co seu avó Valente. Vinte días nos que se para o mundo, nos que a vida se deixa ler a traves dunhas páxinas que se chaman pedras, árbores, sons....

O pasado luns 6 de marzo falamos da obra , dos nomes tan ben acaídos dos personaxes, dos temas: a crise, a soedade, a vellez, a natureza... imaxinámonos vivindo nós eses vinte días nunha casa illada na montaña luguesa , onde o pan e outros alimentos chegan en furgoneta e non todos os días ...e saíron palabras como agobio, medo , pero tamén liberdade ou tranquilidade.

 Comentamos a lingua tan coidada, tan auténtica como a paisaxe e os sentimentos entre neta e avó.


Merece a pena achegarse a Ariadna e a Valente, á vida en tránsito, á descuberta permanente.

venres, 3 de marzo de 2017

O próximo luns 6 de marzo haberá reunión do grupo O niño da curuxa.



LUNS 6 DE MARZO ÁS 11horas
                        REUNIÓN O NIÑO DA CURUXA DO CLUB DE LECTURA (1º,2º E 3º ESO) no departamento de lingua galega

                        PARA COMENTAR A OBRA: