jueves, 4 de mayo de 2017

miércoles, 3 de mayo de 2017

E o mércores 29 de abril fomos de roteiro por Pontevedra.

O pasado mércores 29 de abril foi un día moi especial para o noso club de lectura do profesorado do IES Castro Alobre de Vilagarcía. Fixemos un roteiro literario por Pontevedra con MªXesús Escudeiro e Xosé Monteagudo, autor da obra Todo canto fomos, como guías.







Percorremos os espazos desta marabillosa novela, imaxinando como sería a cidade na época da República, vital, alegre, con moita actividade cultural, cos faladoiros...unha cidade ilusionante (semellante a como a percibimos hoxe).





 Escoitamos co corazón encollido o relato de como foran as primeiras horas do levantamento militar, a incerteza, a calma tensa , a actividade frenética no Goberno Civil (hoxe Deputación Provincial) e o medo silencioso. As horas nas que aínda ninguén podía imaxinar o que viría despois. Tanta represión, tanta dor, tanta morte!! 
Acompañáronnos Amaro, Carlota, Maribel ....e tantos personaxes da novela. Grazas Xosé e MªXesús por esta xornada inesquecible!