venres, 15 de outubro de 2021

Comezamos a viaxe

Por fin, chegou o día de comezar a viaxe. Con ilusión, o alumnado "curuxaino" chegou á biblioteca para recoller o libro que o levará á cidade de A Coruña ou a Yorkshire, preto de Londres. Que aventuras correrán? Na próxima xuntanza xa nos irán contando.



xoves, 7 de outubro de 2021

Buscando aventuras

Na primeira xuntanza do Club estivemos viaxando polo mundo, para coñecer as preferencias do alumnado participante, pensando en novas aventuras lectoras. Das tres propostas para comezar a viaxe propuxeron a lectura de O xardín secreto de Frances Hodgson Burnett e Os metrosiderais de Héctor Cajaraville. Esperemos que lles gusten!!!

 






Que libro escollemos?

Na primeira xuntanza do Club de lectura ofreceremos a posibilidade de escoller entre tres lecturas. Cal será a gañadora?



mércores, 6 de outubro de 2021

Estamos de volta!

Un curso máis iniciamos a nosa andaina con moito ánimo e moitas ganas. O niño da Curuxa comeza a súa actividade cunha reunión na biblioteca este xoves. As novas coordinadoras do Club son Ana (profe de galego) e Teresa (profe de castelán). Moitas grazas por aceptar este reto.

Por certo, queremos agradecer a Raquel o traballo lector do curso pasado. Foi extraordinario! Un tempo complicado no que soubo transmitir o seu gusto pola lectura. Boa sorte no teu destino e esperamos xuntarnos pronto para falar de libros.