xoves, 4 de novembro de 2021

Xuntanza de medo

Curuxainos e Curuxainas reuníronse no recreo para comentar O xardín secreto e Os metrosiderais. Parece que estas primeiras lecturas gustaron. Falouse dos personaxes, da trama e compartíronse puntos de vista.

A súa chegada á Biblioteca levaron unha sorpresa. Atoparon uns paquetiños "de medo". Que podería ser?

Ao final da sesión, Ana explicoulles que podían coller o paquete que máis lles gustase e abrilo. Dentro atopáronse unhas lecturas de medo para a próxima xuntanza. 

Vémonos o 2 de decembro!