venres, 30 de marzo de 2018

A señorita Bubble e Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, próximas lecturas do alumnado da ESO.

a señorita bubble (gallego)-ledicia costas-9788491212546jules verne e a vida secreta das mulleres planta-ledicia costas-9788491210702 


Nesta ocasión escollemos dúas obras distintas, aínda que da mesma autora, para o grupo  da ESO. O alumnado de 1º e 2º lerá A señorita Bubble e o de 3º e 4º Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, Escollemos estas obras pensando no encontro que teremos no Salón do Libro de Pontevedra coa súa autora: Ledicia Costas.                                                                                                                                   

Xuntanza sobre a obra Corredora co alumnado da ESO

O pasado xoves 22 de marzo o grupo do alumnado da ESO reuniuse para comentar a obra de María Reimóndez Corredora, unha novela que a dicir de todos os  e as participantes no encontro resultou demasiado curta xa que tod@s querían saber máis da protagonista.
Genet Mullugueta é unha nena etíope que naceu nunha aldea de Etiopía e que sempre adorou correr. Na súa familia pode verse as duras condicións de vida das mulleres neste lugar do mundo. A pobreza, a guerra e a tiranía do pai obrigan a Genet e a súa nai a emigrar á capital: Addis Abeba. Alí coñecerá os perigos e o ritmo frenético da cidade.
Sobrevivir na capital noin é fácil, pero Genet espanta o medo coa velocidade, correr dálle forza e será a súa salvación cando coñeza a Abebe, médico e voluntatrio da federación de Atletismo.

 Para tod@s Genet  repesenta o valor e a dignidade. Sobre todo algunhas nenas do grupo que prectican ou practicaron atletismo sentíronse reflexadaas nela.

Gustou moito esta novela porque transmite valores moi positivos, a mensaxe  de que superar obstáculos non depende nin da idade, nin da raza nin do xénero.