domingo, 27 de marzo de 2022

A poesía chega ao Club

 Esta semana Curuxaina volveu á actividade, despois da dura época de exames. Que ganas de xuntarnos!

Fixémolo para celebrar o Día da Poesía. Recitamos, montamos caligramas e poetizamos imaxes. Achegámonos á poesía desde as máis fondas palabras explorando o que estas nos evocan e nos fan reflexionar. A poesía é a mellor cura fronte o ruído, a violencia, as desigualdades...




Tamén levamos para casa a nosa próxima lectura, Hoyos de Louis Sachar... seguimos viaxando!!!


Foi unha sesión agradable, con sabor a pizza... e de agasallo levamos un poema, que mellor sobremesa!!!

Vémonos en abril.