Despois da xuntanza, xa temos nas nosas mans a seguinte lectura: Mentira de Caré Santos. Vémonos en marzo! Desfrutade da lectura nestas tardes invernais de treboadas!!!
Club de lectura Curuxaina
luns, 9 de febreiro de 2026
Micro algas
venres, 16 de xaneiro de 2026
1984 no Nadal
Última
xuntanza do ano do Club de lectura de ciencia ficción. Fernando
falounos de Orwell e fixo unha introdución ao libro, para situarmos
no tema. Moi interesantes os seus comentarios.
Comentouse, máis ou menos, a metade do libro. Inquietante o Gran Irmán e a revisión do pasado. E tamén xurdiu a comparación desa vixianza constante coa nosa vida permanentemente exposta a través dos teléfonos móbiles e das redes sociais.
Resultou
unha reunión interesante e deixounos con ganas de afrontar esa
última parte do libro que nos queda para despois do Nadal.
luns, 1 de decembro de 2025
Obradoiro de Nadal
Xa chegou o Nadal á Biblioteca do Castro Alobre. O xoves e o venres tivemos un obradoiro moi divertido da man de Noa Pérez, profe de galego. O alumnado d Club de lectura fixo uns adornos ben bonitos, renos e bonecos de neve,
que servirán para adornar os agasallos de Nadal. Para a semana seguiremos decorando a nosa biblio. Que sorpresas terá este curso a nosa árbore?
que servirán para adornar os agasallos de Nadal. Para a semana seguiremos decorando a nosa biblio. Que sorpresas terá este curso a nosa árbore?
Castelao
No ano Castelao, a biblioteca organizou unha visita á exposición Castelao. Mirar por Galicia. O alumnado do Club de lectura e o equipo de correspondentes da radio desfrutaron dunha mañá na cidade da Cultura co obxectivo de afondar na figura de Castelao.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




