xoves, 4 de maio de 2017
Recursos inhumanos de Pierre Lemaitre, próxima lectura do grupo do profesorado.
Recursos inhumanos de Pierre Lemaitre, será a última lectura do curso do grupo do profesorado do noso club de lectura Curuxaina.

mércores, 3 de maio de 2017
E o mércores 29 de abril fomos de roteiro por Pontevedra.
O pasado mércores 29 de abril foi un día moi especial para o noso club de lectura do profesorado
do IES Castro Alobre de Vilagarcía. Fixemos un roteiro literario por
Pontevedra con MªXesús Escudeiro e Xosé Monteagudo, autor da obra Todo
canto fomos, como guías.
Percorremos os espazos desta marabillosa novela, imaxinando como sería a cidade na época da República, vital, alegre, con moita actividade cultural, cos faladoiros...unha cidade ilusionante (semellante a como a percibimos hoxe).
Escoitamos co corazón encollido o relato de como foran as primeiras horas do levantamento militar, a incerteza, a calma tensa , a actividade frenética no Goberno Civil (hoxe Deputación Provincial) e o medo silencioso. As horas nas que aínda ninguén podía imaxinar o que viría despois. Tanta represión, tanta dor, tanta morte!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)