luns, 31 de marzo de 2025

Lendo poesía

 Despois de compartir experiencias do Entroido, o Club E ti que contas? leu poesía. Fran Alonso cos libros O meu gato é un poeta e Poemas birollos para ler cos ollos foi o autor escollido. Ademais, xogaron coas palabras e pasaron un bo rato con esta lectura e as ocurrencias de cada un. 

Finalmente, quedounos claro que temos grandes poetas neste grupo!

Invisible

 Invisible de Eloy Moreno foi a lectura compartida da xuntanza do club de 1º e 2º ESO.

luns, 17 de marzo de 2025

El conformista

 O Club do profesorado reuniuse para falar de El conformista de Alberto Moravia. Tamén elixiu a próxima lectura, Detective Ferruchi de Marta Villar.