xoves, 10 de abril de 2025

Unhas cartas moi especiais

 

Onte tivemos unha xuntanza moi especial. Chegaron, por fin, as cartas que nos escribira o alumnado do Club de lectura do IES Chano Piñeiro. Foi moi emocionante ler o que nos contaban sobre o seu instituto e sobre as súas lecturas favoritas. As nosas cartas xa van en camiño. Agora só falta facer unha reunión en vivo alá polo mes de xuño.