luns, 10 de novembro de 2025

1984

 1984 é o libro de George Orwell que xa está lendo o club de ciencia ficción. Para empezar, podemos afirmar que esta é a vida antes do club de lectura

E esta será a vida despois do club

Achegouse á Biblioteca o alumnado, e tamén o profesorado que quere reflexionar sobre o libro de Orwell, para ir coñecendo as liñas xerais da historia que Fernando lles explicou como introdución á lectura. Nunhas semanas verémonos de novo para comentar as primeiras impresións.


Entre visillos

  Entre visillos de Carmen Martín Gaite transportounos a uns anos atrás que parecen lonxanos, pero non o son tanto. Unha lectura que gustou e que nos recordou a vida das nosas nais ou avoas. As aspiracións das mulleres, a dificultade en romper coas normas impostas ou o sufrimento calado son algúns dos temas que planean nesta lectura. 

Convén non esquecer esta forma de vida, para poder valorar como se merece a loita de moitas mulleres. Grazas a elas, podemos desfrutar da vida que temos hoxe.

Hipólito de Eurípides foi a outra lectura coa que se atreveron algunhas Curuxainas. Volvemos á traxedia grega, despois de ter lido Medea. Impactante monólogo de Hipólito, o papel da nodriza como celestina, a terrible decisión de Fedra e, por suposto, a intervención desa deusa Afrodita que, para vingarse de Hipólito, utiliza a Fedra. Divinidade vingativa.

Unha xuntanza de medo

 



Anunciando o Samaín, reúnese o Club de lectura de 1º e 2º de ESO para adornar a Biblioteca. Como premio unha sorpresa "lectora". Que libro lle tocou a cada quen? A profe Teresa escolleu lecturas de medo e repartiunas entre as alumnas. Na próxima xuntanza falarannos desas historias terroríficas.