martes, 4 de febreiro de 2025

Matilda

Reuniuse o Club do alumnado de 1º e 2º ESO para empezar a ler Matilda de Roald Dalh, un libro que seguro vai gustar. A profe Teresa xa puxo unha nova data de reunión para o 20 de febreiro. Ese día leranse fragmentos e comentarase a lectura.

A noite das cebolas

 Reuniuse o Club do profesorado para comentar A noite das cebolas de Rosa Aneiros, unha lectura moi recomendable.

mércores, 22 de xaneiro de 2025

Novo ano, nova xuntanza

 Comezamos o ano cunha nova xuntanza do club E ti que contas? Esta vez recibimos aos compañeiros e compañeiras do Colexio de Educación Especial na nosa biblioteca. Falamos das tradicións da Noitevella, de como comezou a toma das uvas, de como o pasaramos. Despois limos un conto. Temos grandes lectores e lectoras!!!

Compartindo lecturas

 Xuntanza do Club para compartir por videoconferencia O misterio de Portomarín co alumnado do IES Chano Piñeiro.

mércores, 11 de decembro de 2024

La cartera

 La cartera de Francesca Gianone foi o tema de conversa desta xuntanza do Club. En xeral, gustou pero esperabamos máis desta lectura con tan boas críticas.