venres, 29 de xaneiro de 2021
Imos ler banda deseñada!
venres, 22 de xaneiro de 2021
Agasallos do Apalpador
Ademais, no agasallo tamén aparecía un marcapáxinas contra a violencia de xénero, para que poidamos sinalar onde deixamos as nosas lecturas mentres non as rematamos sen esquecer a importancia do que o 25N significa. Por último, o agasallo contiña un sobre co poema “Derradeiro adeus” de Marina Montenegro, alumna do instituto e recente gañadora dun dos premios do III Certame de Poesía Torre de Caldaloba, a quen pediremos que nos acompañe nunha das vindeiras sesións para podermos coñecer todo o proceso creativo que rodea a súa creación persoal.
domingo, 29 de novembro de 2020
O Niño da Curuxa comeza a voar
Esta semana que deixamos atrás tivemos a primeira xuntanza cos dous grupos do club de lectura “O niño da curuxa”. Ao longo desas sesións analizamos as dúas obras de banda deseñada que descubrimos neste primeiro trimestre.
Co primeiro grupo analizamos a obra de Paco Roca Engurras, un cómic onde temas como o mundo da vellez ou a vida nas residencias de anciáns foron dando pé a outros máis profundos como o concepto de soidade dalgunhas persoas, o paso do tempo, a liberdade ou a evidencia na obra da evolución da enfermidade do protagonista.Co seguinte grupo a análise centrouse na obra de Miguelanxo Prado A
mansión dos Pampín, cómic co que a rapazada afondou na reflexión de
aspectos como a vida no rural, a economía de mercado ou a nefasta política de
conservación de bens históricos que foron saíndo á luz mentres comentabamos as
viñetas que o autor, a través do seu humor e retranca, elaborou nesta popular
obra.
Ámbalas dúas bandas deseñadas foron do gusto da rapazada, coa que xa quedamos
en vernos na vindeira sesión para comentar O grupo e Amor amargo.
luns, 10 de febreiro de 2020
Este xoves 30 de xaneiro o noso club reuníuse na cafetería do centro para falar do libro que estamos a ler e pasar uns momentos divertidos... Lembrámonos moito d@s compañeir@s que por saúde ou por exames non puideron estar connosco...








