luns, 31 de marzo de 2025

Invisible

 Invisible de Eloy Moreno foi a lectura compartida da xuntanza do club de 1º e 2º ESO.

luns, 17 de marzo de 2025

El conformista

 O Club do profesorado reuniuse para falar de El conformista de Alberto Moravia. Tamén elixiu a próxima lectura, Detective Ferruchi de Marta Villar.

luns, 24 de febreiro de 2025

Matilda

 O xoves pasado reunímonos de novo para comentar Matilda de Roald Dahl. Falamos das personaxes, tan divertidas desta historia e comparamos o libro coa película. As noas lectoras son tan boas que resolveron a sopa de letras en poucos minutos.
 

Xa estamos buscando novas lecturas para a próxima xuntanza que será o 7 de marzo.

martes, 4 de febreiro de 2025

El juego de Ender

 Despois de Ladydi, unha lectura de ciencia ficción para o Club de "maiores". A ver que opina o Club sobre El juego de Ender de Orson Scott Card na seguinte xuntanza.

Matilda

Reuniuse o Club do alumnado de 1º e 2º ESO para empezar a ler Matilda de Roald Dalh, un libro que seguro vai gustar. A profe Teresa xa puxo unha nova data de reunión para o 20 de febreiro. Ese día leranse fragmentos e comentarase a lectura.