
Despois de dúas novelas (A dúbida e Dez negriños) e do poemario Masculino singular , decantámonos esta vez por un libro de relatos (algúns microrrelatos) que de seguro vai ser unha oportunidade para falar de temas ben interesantes como a loucura, a depresión, os ciumes , a angustia....Na ficha da editorial lemos unha reseña que convida con forza á lectura:
Males de cabeza deita unha ollada sobre a condición humana na que o autor nos sorprende, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, coa súa persoalísima escrita, a través dunha narrativa áxil e dunha estructura de grande orixinalidade. Da man de diversos personaxes cos que sen dúbida ningunha acabaremos identificándonos, Fran Alonso ofrécenos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a todos nos roza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario