xoves, 2 de decembro de 2021

Próximo destino?

De novo o Club fai unha parada na súa viaxe, para comentar as experiencias vividas coas personaxes protagonistas dos seus libros. Unhas experiencias sempre enriquecedoras que irán gardando no seu interior como se dunha maleta se tratase.

Na xuntanza deste xoves, as bandas deseñadas de medo volveron á biblioteca e as lectoras e lectores compartiron con entusiasmo o libro que lles tocara ler. Frankenstein sorprendeu a Lía, Stranger Things deixou pegada en Tiago e Aitana desfrutou cos misterios de Moeche.

Tamén, viaxamos polo mundo, situando eses lugares que fomos percorrendo a través das viñetas deste mes. As chinchetas cravaron destinos variados e diferentes nos que soñamos as historias lidas. Que país foi o máis visitado? Seguro que, se pensades un pouquiño, acertades. A voar esa imaxinación!


Vémonos o 16 de decembro! Na quinta e sexta hora Curuxaina xuntarase para repartir un amigo invisible moi orixinal. Haberá cinema, música e merendola!! E compartiremos tempo de lecer entre todos e todas que ao final do trimestre vénnos moi ben!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario