Comezamos a primeira sesión do club de lectura de 3º, 4º ESO e 1º de bacharelato. Para esta ocasión eliximos a lectura Ladydi de Jennifer Clement, unha obra intensa e conmovedora que nos levará ao México rural, onde as mulleres deben enfrontarse a situacións de violencia e desigualdade, tentando sobrevivir nun mundo marcado polo narcotráfico e a pobreza.
Esperamos que esta obra nos inspire e axude a reflexionar e a dialogar e que, entre todas e todos, poidamos profundizar no seu contido e mensaxe.
Benvidas e benvidos ao Club de lectura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario